ANPA

Asociación de nais e pais de alumnos

Teléfono de contacto : 881 880858

Atención ao público: luns de 16:15 a 17:45 horas (sempre que haxa dispoñibilidade)

Tódala  información actualizada das novas relativas a nós sairá publicada na páxina  web do centro no apartado de Categoría  Anpa que tedes na columna da dereita.

  1. Tódolos alumnos que sexan socios do anpa durante dous cursos consecutivos, percibirán unha achega económica do anpa, para a súa viaxe do Intercambio con Francia.
  2. Para calquera suxestión, poden utilizar a caixa do correo da anpa, situado na entrada do instituto ou contactar connosco no enderezo electrónico : anpaneiravilas@gmail.com.

Alta de socios

Aquelas persoas que desexen facerse socios desta asociación deberán de cubrir a ficha que se xunta e aboar a cantidade de 20 euros por familia polo primeiro fillo. A partir do segundo fillo pagarase 5 € por cada un.

Nº c/c  ING DIRECT : ES79 1465 0240 1119 0032 3789

TITULAR:  ANPA ARCE DO IESP XOSE NEIRA VILAS

Documento para darse de alta na anpa:  Alta socio familiar

 

INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO

intercambio-libros

Anpa Arce do IESP Xosé Neira Vilas
anpaneiravilas@gmail.com

INFORMACIÓN SOBRE OS INTERCAMBIOS DE LIBROS DE TEXTO

 

Os avisos coas datas, realizaránse a través do enderezo electrónico dende a Anpa aos socios da mesma e dende o Sixa a todas as familias que dispoñan de enderezo electrónico.
Aviso: Aqueles alumnos que necesiten quedarse con algún libro ata setembro ou para o seguinte curso, deberán de avisar a Anpa sen falta.
Atentamente,

A xunta directiva

Aquí tedes as normas básicas para participar no intercambio de libros de texto:

DECÁLOGO

DO INTERCAMBIO DE LIBROS

1.- O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e formarán parte todas as familias que doen os seus libros.

2.- Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero non garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros. Ser socio ou socia do anpa favorecerá no reparto.

3.- Haberá un intercambio no mes de xullo e outro en setembro.

4.- O alumnado que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa nai, pai, ou titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.

5.- Cando o alumnado precise quedar con algún libro ata a convocatoria do mes de setembro ou para utilizalo outro curso máis, deberán comunicalo á anpa.

6.- Ningún alumn@ poderá prestar ningún libro do fondo a outr@ alumn@, nin sequera a membros da súa familia. Os libros prestados deberán de volver ao fondo da anpa cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.

7.- O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa anpa, causará baixa na participación do intercambio.

8.- Os libros deben forrarse e marcarse indicando o nome cunha pegatina na portada exterior, deben coidarse, non pintarse con bolígrafos ni rotuladores. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.

9.- O alumnado que non veña arecoller os libros que lle corresponda nas datas que se indican e non avise a anpa a través do enderezo electrónico, ou de ningún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.

10.- Formar parte da anpa fai posible que esta exista e poida representar ás familias ante a administración cando é necesario e organizar actividades tan importantes como esta dentro do instituto, así que non o dubides e faite soci@.

A xunta directiva