Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o 5 de maio d e 2026 foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 15.3 da Orde do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2026, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 03/02/26).
As listaxes poden consultarse na web da convocatoria http://www.edu. xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo.
A partir da publicación da listaxe provisional ábrese un prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións e para a presentación da documentación sinalada nos requirimentos relacionados coa comprobación de datos. Rematado este prazo e estudadas as alegacións e a documentación presentada, o órgano instrutor emitirá informe para a proposta de resolución definitiva.