XORNADAS DO ICF: MEDIACIÓN ESCOLAR

O pasado sábado 27 de abril os alumnos Orleni Mateo e Eduardo Xavier Giménez, xunto coa exalumna Amy Díaz, participaron nas XIII Xornadas do ICF, que tiveron lugar no Salón de Actos da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita).

Os tres alumnos desenvolveron, xunto coa psicóloga clínica e psicoanalista Alicia Arce, a ponencia “Os xóvenes toman a palabra“, na que tiveron a oportunidade de expoñer o funcionamento da mediación escolar no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e o seu desenvolvemento dende que naceu o proxecto no ano 2003.

As nosas felicitacións e o noso agradecemento aos participantes pola súa magnífica intervención, e asímesmo á asociación ADAFAD, especialmente a Alicia Arce, que foi a persoa que fai xa 19 anos sentou as bases e amosou o camiño da mediación, como ferramenta inmellorable para cultivar unha boa convivencia baseada no diálogo e na resolución pacífica dos conflitos.

Deixar unha resposta