Rapazada de 2º C e 4º PDC deron a mellor nota e conseguiron gañar o premio á mellor faixa e mellor música!!
Todolos artigos de: vicedireccion
VISITA AO PAZO DE MEIRÁS
O alumnado de 4º ESO visitou o pasado xoves, 30 de abril, o Pazo de Meirás, no veciño concello de Sada. Grazas ás expertas explicacións do noso compañeiro, o historiador Manuel Pérez Lorenzo, gran estudoso do pazo, puidemos coñecer este destacado espazo patrimonial, residencia da gran escritora Emilia Pardo Bazán, e de memoria, sé estival de Franco e centro neurálxico de moitas decisións cruciais e da represión levadas a cabo pola ditadura franquista.
GRAN ÉXITO TEATRAL NA FEIRA DO LIBRO
O 26 de abril o alumnado de Oratoria de 4º ESO participou nas actividades organizadas polo Concello de Oleiros para celebrar o Día do Libro cunha representación teatral que deu vida e voz a dous poemas senlleiros de Rosalía de Castro. Cun cheo total na zona habilitada no Parque José Martí e baixo a dirección da profesora Eli Ríos, a función transitou entre o humor e o drama para traer ao presente dúas obras da literatura universal e mostrar o talento e a implicación da nosa xuventude. Noraboa a todas e todos!
ARTURO LEZCANO E O PAÍS INVISIBLE

INICIACIÓN Á ESCALADA PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO
O IES Plurilingüe Neira Vilas desenvolveu durante o mes de xaneiro e marzo, unha actividade de Iniciación á Escalada dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO
A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e contou coa colaboración do “Club de Montañeros Independientes” (AMI), encargado de impartir as sesións no pavillón de Riazor.
A proposta formativa tivo unha duración total del dúas horas e estruturouse en dúas partes diferenciadas: unha primeira parte teórica, centrada nos fundamentos básicos do montañismo, a seguridade e o uso do material, e unha segunda parte práctica, na que o alumnado puido experimentar a escalada de maneira guiada e segura.
Fogóns poéticos
Defensa persoal

Actividad ofertada polo Concello de Oleiros para todo o alumnado de 1º ESO. Realizouse nas instalacións da piscina de Perillo.
Parkour
PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO NA III FESTA DO LIBRO NA RÚA

O vindeiro domingo, 26 de abril, ás 13:00 h. un grupo de alumnos e alumnas do noso centro representarán a obra de teatro “Unha tarde con Rosalía de Castro”, como parte das actividades programadas polo Concello de Oleiros no marco da III Festa do libro na rúa. Dita iniciativa terá lugar no Parque José Martí de Santa Cristina. Non a perdades!
OBRADOIROS DE JIU-JITSU ORGANIZADOS POLA ANPA ARCE
A Anpa “Arce” do noso centro organizou unha serie de obradoiros de Jiu-Jitsu destinados ao alumnado de 1º ESO a 1º Bacharelato e impartidos na segunda quincena de abril polo Judo Club Coruña. O venres 17 de abril o xornal “La Opinión” de A Coruña adicoulle á iniciativa unha reportaxe, que se pode consultar no seguinte enlace: https://www.
