- Suspéndense as actividades lectivas e extraescolares. Dende o vindeiro luns con carácter oficial, e de xeito recomendado dende mañán venres, por un período inicial de 14 días.
Segundo comunicación do Presidente da Xunta en rolda de prensa esta mañán, no eido educativo, suspéndense as actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días – a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”,
As ausencias do alumnado do día 13 de marzo consideraranse xustificadas a todos os efectos. Poden atopar a información sanitaria oficial ás familias nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus
O centro permanecerá aberto ao público para a realización de trámites administrativos de 9:00 a 13:00.
Un saúdo.
A Dirección.