Un ano máis o Instituto Neira Vilas celebra con orgullo a graduación dunha nova e brillante promoción de Bachibac, que obtivo un éxito do 100% na proba externa conducente á obtención da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat. Noraboa a todo o alumnado polo seu esforzo e talento, e moita sorte nas andainas que agora emprenden!
Todolos artigos de: direccion
ASAMBLEA ANPA ARCE
O vindeiro luns 19 de decembro terá lugar unha asamblea xeral ordinaria da ANPA ARCE ás 18:30 horas no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Este curso renóvanse parcialmente os membros do Consello Escolar do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas: 2 nais e pais, 1 membro da ANPA, 3 profesoras/es, 2 alumnas/os e 1 persoal non docente.
O Consello Escolar é un órgano crucial nun centro educativo. A través del participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias, representantes da ANPA, persoal non docente e concello.
É fundamental que todos os sectores estean presentes a través dos seus representantes. O prazo para presentar as candidaturas remata o 9 de novembro.
Impreso para a candidatura como representante do alumnado.
Impreso para a candidatura como representante de nais e pais.
Samaín doutro tempo
Maricarmen cóntanos como era a festa do Samaín cando era nena. Santa Compaña, colares de castañas e moitas historias que non podes perder.
Grazas a Julia Conchado (1º ESO C) por esta recolla e a súa avoa por aprendernos tantas cousiñas interesantes!
Graduación 2022
O venres 27 de maio tivo lugar a graduación da promoción que remata 2º Bacharelato en 2022. O acto -coa participación de toda a comunidade educativa e a asistencia do alcalde de Oleiros- tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Nunha festa para a lembranza, Rita Ardao e Javier Méndez conduciron unha gala que contou cos discursos do director Fernando Vidal, a profesora Mercedes López-Mayán e o pai Moisés Canle, xunto coas alocucións de Iker Naveira e Luisa Tova por parte do alumnado.
- Olla as fotografías do acto.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2021-2022
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.
Pode participar todo o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha
nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
A realización da proba terá lugar o día 23 de xuño de 2022 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial
de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Toda a información aquí:
Final de curso 2021-22
Admisión de alumnado 2022/23
- Consúltese o ANEXO I en galego ou castelán, para reservar praza para ESO.
- Consúltese o modelo de reserva de praza para Bacharelato.
- Consúltese a normativa sobre escolarización e admisión de alumnado.
- A partir do 25 de febreiro de 2022 estarán dispoñibles os listados nos taboleiros do centro educativo e na aplicación online.