Asociación de nais e pais de alumnos
Teléfono de contacto : 881 880858
Atención ao público: luns de 16:30 a 17:45 horas (sempre que haxa dispoñibilidade)
Tódala información actualizada das novas relativas a nós sairá publicada na páxina web do centro no apartado de Categoría Anpa que tedes na columna da dereita.
Para calquera suxestión, poden utilizar a caixa do correo da anpa, situado na entrada do instituto ou contactar connosco no enderezo electrónico : anpaneiravilas@gmail.com
Alta de socios
Aquelas persoas que desexen facerse socios desta asociación deberán de cubrir a ficha que se xunta (unha ficha por alumno) e aboar a cantidade de 20 euros por familia polo primeiro fillo. A partir do segundo fillo pagarase 5 € por cada un.
Nº conta ABANCA: ES53 2080 0053773040060188
TITULAR: ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS
Documento para darse de alta na anpa: Alta socio
(Actualización: 05/07/2019)
Intercambio de libros de texto
Decálogo do intercambio
1.- O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e formarán parte todas as familias que doen os seus libros.
2.- Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero non garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros. Ser socio ou socia da ANPA favorecerá no reparto.
3.- A final de curso recolleranse os libros prestados e as solicitudes para o curso seguinte, no mes de setembro faráse o reparto e a entrega física. As datas de recollida e entrega física publicaranse previamente na páxina web do centro no apartado da ANPA (novas) na seguinte ligazón: https://iesneiravilas.es/category/anpa/
4.- O alumno que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa a nai, o pai ou o titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.
5.- Ningún alumno poderá prestar ningún libro do fondo nin a outro alumno, nin a outro membro da súa familia. O préstamo e persoal e intransferible. Os libros prestados deberán volver ao fondo da ANPA cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.
6.- O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa ANPA, causará baixa na participación do intercambio.
7.- Os libros deben forrarse, indicarase o nome nunha “pegatina” na portada exterior, deben coidarse, e non deben pintarse nin con bolígrafo, nin rotulador, nin marcador fluorescente. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.
8.- O alumno que non veña a recoller os libros que lle correspondan nas datas que se indican e non avise a ANPA a través do enderezo electrónico, ou de algún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.
9.- Calquera necesidade extraordinaria que non se axuste as normas descritas anteriormente, deberá solicitarse por escrito e estudarase por separado. Tratará de darselle solución en función dos medios dispoñibles, sen que vaian en detrimento dos demais usuarios.
A xunta directiva
ANPA Arce do IESP Xosé Neira Vilas
Actualización: maio 2018