Oleiros é un municipio da provincia de A Coruña, na marxe dereita da ría do Burgo. Os límites son: no Oeste o océano, no Norte a ría de Ares, municipio de Cambre e no sul a ría do Burgo e a bahía da Coruña.
A poboación é de máis de 30.000 habitantes, en 44 kilómetros cuadrados e dividida en sete parroquias : Dexo. Dorneda, Iñás, Lians, Maianca, Nos, Oleiros, Perillos e Serantes.
O clima é Oceánico con temperaturas suaves; ten unha temperatura media de 13,9 , unha amplitude térmica de 9 graos e unha media de precipitacións de 1.000mm. Os solos son pobres pola acidez e a pouca profundidade.
A vexetación orixinaria de carballeiras e soutos case non existe, sustituido por piñeirais. O monte baixo está composto por queirugas, uces e toxos con herba de namorar nas zonas máis achegadas ó mar.
A progresiva terciarización do municipio fixo que desapareceran máis do 60% da explotacións gandeiras nos anos 70 . As parcelas son de pequeño tamaño tendo un 93% menos de 0,5 hectáreas; cultivábase sobre todo pataca, millo e prados e pastizales. O papel da gandeiría está en disminución. As industrias principais están na zona sur do municipio.
As evidencias históricas remóntase á época castrexa coa existencia de numerosos recintos arqueolóxicos: castro de Xaz, de Oleiros, vixía de Xubiña, punta Torrella.. da época medieval a espléndida igrexa de Dexo. Esta terras estaban sometidas á xurisdicción de Miraflores e ó señorío do Conde de Lemos.
A defensa da ría estaba feita desde a batería de Mera e o castelo de Santa Cruz construido a principios do XVII.
Pazos e casa solariegas hai moitas no municipio, son entre elas: o pazo e a casa de Xaz, de Lóngora, vivenda do grande músico Marcial del Adalid e da súa dona Fany Garrido, escritora, agora convertido en centro de estudios mediambientais. O pazo da Carballeira, residencia de Juana de Vega, escritora e filántopa, casada con Espoz e Mina heroe da guerra da independencia e liberal do XIX, pazo de Miraflores, pazo de Pousada en Oleiros, de Río, torre de Lorbé…
E numerosos exemplos de villas e quintas de principio do século XX, mostra da riqueza da burguesía local nese momento: villa Canaima, villa Marchesi, Ría Leda construida para casa de recreo do arquitecto Rafael González Villar, agora biblioteca municipal.
A arquitectura moderna está presente fundamentalemente no racionalismo en viviendas particulares como a casa Caramés de Caridad Mateo ou a casa.
Cervigóndos anos trinta ou nos sesenta na iglesia da Santa Cruz exemplo notable da obra de Miguel Fisac ou a pureza de lineas da casa do capataces de Bastiagueiro de Alejando de la Sota. Edificios da nova arquitectura de Manuel Gallego Jorreto, centro de saude de santa Cruz, de Perillo, centros educativos, urbanizacións…
O Concello dispón dunha ampla red de centros culturais, 11 bibliotecas , 13 centros educativos, ademáis do centro universitario de Educación física e o centro de educación medioambiental do CEIDA e escola de música e danza.
Cada parroquia tamén dispón de un centro do pobo (centro cultural de Montrove, casa da República en Oleiros…) para todo tipo de actividades; tamén centros de cultura como a fabrica de Perillo, as torres de Santa Cruz, o museo dos Oleiros e o auditorio de Mera.
As actividades deportivas son en 7 pistas e e 1 pavillóns polideportivo, 2 piscinas cubertas, 7 campos de fútbol 8 campos de chave.
Ten tamén o concello de Oleiros 6 parques en Perillo, 8 en Liáns, 1 en Dorneda, 3 en Maianca, 3 en Oleiros, 2 en Nos e 2 en Iñas. Así como a protección da área costeira do monumento natural de Serantes-Dexo. Numerosas tamén son as praias: Santa Cristina, Bastiagueiro, Sarro, Mera, Canabal, Penatouro, Espiñeiro ou Naval.