O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO. O primeiro premio individual foi para Alberto Pérez Vishneuskiv, alumno de 1º da ESO, mentres que o segundo recaeu en Sergio Carnero Cadavid, alumno de 2º da ESO. O primeiro premio para grupos recaeu en Lucía Hermida e Antela Couceiro, de 4º da ESO, e o segundo no grupo de rockeiras integrado por alumnas de 3º da ESO.