O próximo sábado día 13 de maio chegarán a Oleiros 30 alumnas e alumnos do colexio COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES. O alumnado francés acolleu aos rapaces e rapazas do noso centro que participaron no Intercambio e que xa estiveron en Vannes.
Estarán acompañados de 3 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apretada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 20 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 24 deste mes de maio .
Desexámoslles unha boa estadia e que disfruten da nosa terra.
O IES Plurilingüe X. Neira Vilas así como o profesorado organizador do Intercambio agradecen a colaboración das familias e esperan que a experiencia do Intercambio sexa moi positiva e enriquecedora.