
O venres 29 de maio celebrouse no Auditorio do Centro Cultural e Deportivo de “A Fábrica” a graduación do alumnado de segundo de bacharelato da promoción 2016-2017. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa, o concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros, Ignacio Crespo López, e a Agregada de Cooperación para o francés, Caroline Natali .