Recibimos no noso Centro, durante os dias 23 e 24 de outubro, 12 alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (Première et Terminale) que estiveron acompañados das profesoras Cécile Capdeville et Estelle Cervelli Journou.
A cidade da que veñen chámase Saint Nazaire, do Departamento de Loira Atlántico e na rexión dos Paises do Loira; na desembocadura do rio Loira . É famosa polas instalacións portuarias e polos seus asteleiros.
O lycée Notre Dame d’Espérance ten aproximadamente 800 alumnos e ofrece estudios de bacharelato e bacharelato tecnolóxico e un ensino superior con titulos de: BTS Management des Unités Commerciales (MUC) et Comptabilité et Gestion des Organisations (CGO).
As profesoras que acompañan a este alumnado ofrecéronnos a posibilidade de visitalos cando teñamos a ocasión.
A Comunidade Educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas deséxalles unha boa estadía en terras galegas.