O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA: Paula Caballeira

O pasado luns 12 de novembro estivo no instituto a escritora Paula Carballeira, compartindo co alumnado de 2º de ESO unha actividade de Dinamización da Lingua Galega: Historias de Arrepío.

Esta campaña de dinamización lingüística, que leva por nome O Galego, a Miña Lingua Propia, está dirixida aos estudantes de secundaria e financiada pola Deputación da Coruña. Ten coma obxectivo potenciar o uso asiduo do galego en tódolos ámbitos da vida e afortalar a identidade lingüística da poboación moza.  Diferentes personaxes, que por mor da súa actividade pública poden ser referentes para a mocidade, comparten a súa experiencia en canto ao uso da nosa lingua e ás actitudes de compromiso cara a ela.

Deixar unha resposta