Concurso de fotografía: A Lúa

Convócase a segunda edición do Concurso  de fotografía do IES Pluringüe Xosé Neira Vilas que, nesta convocatoria, ten coma eixo central “A Lúa”. O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 19 de decembro.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade englobada no Proxecto da Biblioteca.

BASES DO CONCURSO

  1. As fotografías deberán ser orixinais, non valendo descargas da rede nin copias doutras fotografías.
  2. Pode participar calquera membro da comunidade educativa do centro.
  3. A temática das fotografías debe estar relacionada coa Lúa.
  4. As fotografías poderán ser da Lúa ou de calquera representación que faga referencia á mesma.
  5. As fotografías deberán ser enviadas ou compartidas a través da rede antes do día 19 DE DECEMBRO en formato dixital á dirección de correo electrónico: concursos.neiravilas@gmail.com
  6.  De entre tódalas fotografías recibidas en dita conta de correo, o tribunal formado por: María Esther Díaz López, Blanca Rodríguez Latorre e María Blanco Méndez escollerán as oito delas que pasarán á fase final.
  7. As fotografías finalistas serán expostas e farase unha votación na que participará todo o alumnado para elixir as tres fotografías gañadoras.
  8. Os autores e/ou autoras das tres fotografías gañadoras recibirán os seguintes premios:
    PRIMEIRO CLASIFICADO: Vale 100 euros FNAC.
    SEGUNDO CLASIFICADO: Vale 50 euros FNAC.
    TERCEIRO CLASIFICADO: Vale 25 euros FNAC.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *