Do 29 ao 31 de maio o alumnado de 2º de ESO participa na actividade Camiño de Santiago en Barreiros (Sarria).Esta actividade realízase dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros
Un total de 43 estudantes, acompañados polas profesoras Carolina Pérez Capelo e Mar Cuba Taboada, xunto cos monitores co Concello de Oleiros desfrutan deste programa de enriquecemento educativo nun contexto diferente.