Primeiras fotografías que temos na viaxe de 4º ESO.
Arquivo da categoría: Excursións
excursion 4º ESO
Actividades varias na segunda quincena de abril
a) Viaxe de 1º BACH a Tenerife): Dende o 19 ao 24 de abril parte do alumnado de 1º BACH cambiou a hora dos seus reloxos con motivo da viaxe a Tenerife, onde disfrutaron de ceos azuis, paisaxes alucinantes e moitos baños en auga doce e salgada. E todo nun marco de agradable convivencia entre si e coas dúas profesoras que os acompañaron: Eli Ríos e Cristina Vázquez.
b) O pasado mércores, 24 de abril, o alumnado de 3º ESO A acudiu ao obradoiro “Viaxe en viñetas”, impartido polo debuxante Miguel Cuba, que tivo lugar na Biblioteca de Rialeda.
EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 1º ESO AO COUREL
Entre os días 10 e 12 de abril e 17 e 19 do mesmo mes, a meirande parte do noso alumnado de 1º ESO viaxou ao Courel grazas á actividade organizada e ofertada aos centros educativos, como en cursos anteriores, polo Concello de Oleiros. Ao longo dos tres días que durou a estadía de cada grupo, o noso alumnado, acompañado de profesorado do instituto, realizou diversas actividades físicas e culturais que lle permitiron coñecer de preto a enorme riqueza da gran reserva natural que é o Courel e a súa contorna.
Coñece a contorna de Oleiros: Praia de Barrañán e fraga de Sisalde
Un día en Galicia con 1º ESO
Os días 14, 15 e 16 de marzo o alumnado de 1º ESO disfrutou dunha xornada de descubrimento e aprendizaxe no Castro de Viladonga e na cidade vella de Lugo grazas ao programa “Un día en Galicia” do Concello de Oleiros. A actividade, promovida polo Departamento de Xeografía e Historia, contou coa marabillosa labor de Marta, Ana e Fran, os/as monitores/as que sempre nos guían nestas saídas. Moitas grazas a elas e tamén ao Museo do Castro de Viladonga, polo seu caloroso recibimento!
Un día nas Cíes
Difícil non disfrutar dunha contorna de tanta beleza! Que afortunadas e afortunados de chegar á mellor praia do mundo!
Cíes, paraíso terreal, foi onde aconteceu unha xuntanza especial para despedir un curso académico intenso, mais cheo de fermosas experiencias que nos fixeron aprender de marabillosas amizades e de compañeir@s inigualábeis. Porque xa formades parte das nosas vidas… GRAZAS!!!
Courel 2022
As montañas, as fragas, os soutos e paxaros foron quen de facernos achar seres prodixiosos, de aprender dos outros e de ser un/ha mesma/o. A visita ao Courel apartounos do mundo por un intre e fíxonos gozar da amizade, da empatía e de longas conversas cheas de sorrisos, de camiñadas que recompoñen, de afecto… Que terán aquelas paisaxes para lembrar tanta ledicia!!!
“Eu non sei para onde vai
mentres o quedo ollando.
Só sei que alí se cumpre
o sono que estou soñando”.
- Consulta todas as imaxes da visita do alumnado de 1º ESO ao Courel dos días 20 a 22 de abril, nesta galería.
Serra do Courel
Os días 7,8 e 9 de abril, alumnado de 1º ESO participou na actividade organizada polo Concello de Oleiros “Aprendemos da natureza – Serra do Courel”. Estiveron acompañados por monitores e dous profesores do instituto, Pablo Gallego e Samuel Rodríquez. O seguinte texto, elaborado por eles, resume esta estadía:
“Os alumnos e alumnas de 1ºESO puideron desfrutar durante tres días de todos os tesouros naturais, históricos e etnográficos que a serra do Courel garda entre os seus vales e montañas.
O mércores pola mañá visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico, algúns rapaces sorprendéronse do realismo da recreación de Elba, unha das primeiras poboadoras de Galicia. Comemos en plena ruta, preto do Río Lor, e coñecimos a “Xan do Vilar”, ferreiro, músico e divulgador das tradicións do Courel.
Devolución dos cartos das viaxes suspendidas. Dublín e Budapest
Estes son os modelos para comunicar a conta na que desexan que realicemos o reembolso das viaxes previstas e non realizadas no curso 2019-20.
Visita ao campus de Ferrol
O alumnado de de 1º Bacharelato de Ciencias visitou, o venres 17 de xaneiro, con motivo do día da enxeñaría, o campus de Ferrol, pertencente á UDC. Durante o transcurso da xornada o alumnado puido realizar diversas actividades:
– Unha visita guiada á planta baixa do Exponav, adicada á Historia da Construcción Naval. Fixeron un percorrido polas diversas técnicas de construcción e os servicios mais esenciais dun buque.
– Una visita ás Escolas politécnica superior de Esteiro (EPS) e a escola universitaria politécnica (EUP) de Serantes onde os estudiantes visitaron os principais laboratorios, e se organizaron actividades co fin de mostrar o traballo que se leva a cabo nestes polos distintos grupos de investigación. Entre outros, puideron ver os laboratorios de enxeñaría eléctrica e electromécánica, observar un tanque de ensaios hidrodinámicos, simulación de máquinas e vehículos, aplicacións do láser, robótica autónoma ou a automatización da “Lights Out Factory”.
A xornada completouse cunha comida no campus e un paseo polo casco vello da cidade.