RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2025-26

PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN

1) SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP RAMÓN Mª DEL VALLE-INCLÁN) PARA 1º ESO:

– Prazo de solicitude de reserva: Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

– Procedemento: Presentación da solicitude de reserva ED550A no centro de orixe (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.

– Asignación de prazas e publicación de listaxes de alumnado admitido sen fase de baremo e de prazas vacantes no taboleiro do IES e na aplicación admisión alumnado: 22 de febreiro. No caso de que non houbera praza para todas as solicitudes de reserva, publicarase tal circunstancia no centro e todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión ordinaria coa documentación que se indica neste documento a efectos de realizar a baremación: Documentación para solicitude de admisión.


2) SOLICITUDE DE ADMISIÓN ORDINARIA DO ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA CALQUERA CURSO:

– Prazo de solicitude de admisión ordinaria: Do 1 ao 20 de marzo.

– Procedemento: Presentación da solicitude de admisión (ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.

– Documentación necesaria: coa solicitude de admisión deberá presentarse a documentación que se indica no seguinte documento: Documentación para solicitude de admisión.

– Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 25 de abril.

– Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 15 de maio.

 

3) MATRÍCULA NO CENTRO DE TODO O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO ADMITIDO NOS PROCESOS DE RESERVA E/OU ADMISIÓN ORDINARIA

– Prazo de matrícula: Do 27 de xuño ao 4 de xullo, segundo as quendas por cursos que se establecerán no calendario de matrícula que será publicado na web do instituto no seu momento.

– Instrucións para a matrícula: nas datas de matrícula estará disponible na web do instituto toda a información sobre o procedemento de matrícula, impresos de matrícula, documentación necesaria e lugar e horario para formalizala.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

  1. As persoas solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia e alegando os criterios de admisión/baremación que pretendan que se lles valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, asimesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.
  4. O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas conta cunha liña de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 08:30 a 13:30.
  5. A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas implicará o respecto do seu proxecto educativo.
  6. Para calquera consulta sobre o procedemento poden acudir ao portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades e á aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), así como á normativa de referencia indicada a continuación.

 

NORMATIVA DE REFERENCIA

O procedemento de reserva, admisión e matrícula réxese pola seguinte normativa de referencia:

  1. Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación[DOG do 11 de febreiro de 2022].
  2. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)[DOG 8 de novembro de 2022].
  3. Instrucións da Dirección Xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2025-2026.