Do 9 ao 17 de outubro o noso centro acolleu ao alumnado francés do Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Bretaña, Francia) no marco da viaxe de intercambio que o instituto organiza todos os anos para o alumnado que estuda 1º de Bacharelato no programa Bachibac. O noso estudantado xa estivo en Vannes a comezos do mes de marzo e en outubro acolleu nas súas casas á rapazada francesa. Durante a súa estadía o alumnado francés, acompañado das profesores Elodie Quidu e Nathalie Chopineaux, fixo inmersión lingüística asistindo a aulas no instituto e tamén visitou A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. Ademais, o venres 10 foi amablemente recibido na Casa do Concello polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de ensino, María José Santos.
Como en anos anteriores, foi un auténtico pracer recibir ao profesorado e alumnado do SFX e agardamos voltar atoparnos moi pronto! Moitas grazas a todos/as pola vosa participación e implicación! Et à bientôt!