A vindeira semana terán lugar as reunións entre as familias e as persoas titoras de cada grupo co fin de coñecerse e de informar sobre a organización deste curso académico.
O día e hora das reunións será a seguinte:
1º, 2º e 3º ESO: Martes, 26 de setembro, ás 18,30 h.
4º ESO, 1º e 2º Bacharelato: Mércores, 27 de setembro, ás 18,30 h.
Os/as asistentes serán recibidos/as polo equipo directivo no Salón de actos para, a continuación, reunirse co profesorado titor dos/as seus/súas fillos/as na aula de referencia do grupo.
O concurso ten como obxectivo seleccionar a música dos recreos.
Para participar haberá que:
1º Crear un arquivo de audio mp3 duns 16 minutos de duración coas cancións elixidas.
2º Enviar ese arquivo por correo electrónico a: vicedirerección@iesneiravilas.es
As propostas seleccionadas soarán ao longo dun mes. O alumnado creador de ditas propostas entrará nun sorteo dun pequeno agasallo que se realizará ao inicio do mes seguinte.
Vicedirección resérvase o dereito de excluír aquelas propostas que considere inapropiadas para este concurso.
Durante o curso 2023-2024 o ANPA Arce do IES Xosé Neira Vilas oferta varias actividades os xoves pola tarde. Estas actividades darán comezo previsiblemente o 5 de outubro.
A primeira clase poderá ser de proba e se despois de acudir, o menor e a familia deciden non continuar, non se cobrará a primeira cota.
DEFENSA PERSOAL
Nesta actividade aprenderanse técnicas de defensa e autoprotección destinadas a preservar a integridade física e aumentar a seguridade nun/nunha mesmo/a a través do respecto aos demais e a disciplina.
Horario: xoves de 16.45 a 17.45
Custo: 18€ (custo para un mínimo de 20 participantes) socios/as
Información relativa á entrega dos manuais do fondo de libros.
Entrega de manuais: O luns ao longo da mañá serán entregados en horario lectivo os libros adxudicados aos alumnos que así o solicitaron. Lamentablemente nalgunhas materias hai mais solicitudes que libros no fondo, así que este ano non se puido cubrir toda a demanda.
Devolución de libros do curso pasado: Rogamos a aquelas familias que aínda non devolveron os manuais fágao o máis axiña posible, desta forma poderemos satisfacer máis peticións nos casos de alumnos que nesta primeira repartición quedaron sen eles.
Doazón: aproveitamos para lembrarvos a importancia das doazóns de libros, sen elas non se poderá seguir levando a cabo este proxecto que tanto axuda ás familias. O número de manuais doados descendeu e con iso as solicitudes que desde o ANPA podemos resolver favorablemente. Por iso animámosvos a doar, aínda estades a tempo!
Aquelas persoas ás que lles fora concedida a axuda para a adquisición de material escolar poderán pasar pola Secretaria do centro a recoller o vale correspondente a partir do mércores 19 de xullo do 2023.
O mes de setembro foi o elixido para a estrea da curtametraxe “A lenda da monxa” dirixida e producida por un grupo de alumnado e profesorado dentro do contrato-programa INNOVA solicitado polo instituto.
O prazo para a solicitude de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo remata o 20 de setembro do 2023.
Un decreto da Alcaldía do 26 de xuño de 2023, vén de conceder ao noso instituto 9190 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)