Este mércores 19 de novembro o alumnado de 1º de Bachibac participou nunha mesa redonda desenvolvida polos tres compañeiros/as que estiveron de intercambio en Francia a comezos de curso no marco do Consorcio Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, así como polos seus tres correspondants franceses, que se atopan actualmente en inmersión no noso centro. O obxectivo era achegar ao alumnado Bachibac a realidade e características do sistema educativo francés, en canto á súa organización, materias e contidos que se estudan, sistemas de avaliación, procedemento de acceso á universidade…, e comparalo co funcionamento do sistema educativo galego. A actividade resultou moi proveitosa e permitiu ao alumnado de Bachibac participar da experiencia do intercambio Erasmus+ dos compañeiros/as e coñecer un pouco mellor a realidade educativa francesa. Moitas grazas a todos pola vosa participación e, en especial, a Marceau e a Mélissa!
O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.