VII TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA

O alumnado de Oratoria de 4º ESO participou este pasado mércores, 28 de xaneiro, no VII Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrié. É a primeira vez que o noso centro forma parte deste consolidado proxecto, que reúne a estudantes de toda Galicia co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico. Baixo a iniciativa e coordinación da profesora de Oratoria, Eli Ríos, a rapazada asistiu a unha formación en oratoria e debate académico como paso previo á competición. Malia non clasificarse para a fase final, os/as nosos/as alumnos/as defenderon os seus argumentos dun xeito excelente e obtiveron unha puntuación moi alta. A comunidade educativa do Neira non pode sentirse máis orgullosa de ter tido uns/has representantes tan magníficos/as! Noraboa a todos/as!