Estimadas Familias
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós por este medio ou na oficina da Anpa os luns de 16:15 a 18:00 horas.
Estimadas Familias
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós por este medio ou na oficina da Anpa os luns de 16:15 a 18:00 horas.
Convocase a todas as familias a asemblea xeral ordinaria para o próximo xoves día 05 de outubro ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:45 horas en segunda, no Instituto Xosé Neira Vilas coa seguinte orde do día:
1.-Aprobación das contas do curso 2016-2017.
2.-Aprobación orzamento do curso 2017-2018.
3.- Renovación xunta directiva.
4.-Exposición dos traballos realizados pola anpa nestes cursos:
a) Información sobre o funcionamento do Banco de libros de texto para posterior intercambio.
b) Información sobre as actividades extraescolares dos xoves e novas propostas.
c) Información sobre o apoio económico ás diferentes saídas propostas polo instituto.
5.- Proposta para cubrir a pista de arriba.
6.- Proposta de Proyecto de Inclusión Social en colaboración co instituto.
7.- Rogos e preguntas.
Perillo, a 26 de setembro de 2017
A Xunta Directiva
Estimadas familias,
Estamos a recibir moitas solicitudes de libros de texto fora de prazo que non podemos atender axeitadamente, polo que comunicamos que todas as familias que teñan pendente a recollida de libros de texto para este curso deberán poñerse en contacto coa Anpa antes do venres 22 de setembro.
De non ter recibida comunicación algunha, a partir do venres 22 de setembro os lotes de libros de texto non recollidos serán repartidos entre as familias que quedan pendentes de recibilos.
Tamén pedimos que o alumnado pregunte ao profesorado polos libros de Xeografía e Historia, Física e Química, Relixión, Valores e Tecnoloxía, xa que nos comunican dende o centro que seguramente non se utilizará libro de texto, polo que eliminaremos estes libros das solicitudes recibidas. No caso de precisar o libro por indicacións do profesorado, deberán enviarnos un correo electrónico solicitando o libro que corresponda.
As novas entregas de libros serán o luns 25 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas na oficina da Anpa.
Un saúdo e rogamos máxima difusión
O próximo martes 19 de setembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas, faremos entrega dos lotes de libros para este curso 2017/2018 ao alumnado que o teña solicitado.
Poderán recoller os libros tanto o alumnado como a persoa que exerza a súa titoría legal.
AVISO: Se algún alumno ou alumna precisa quedarse cos libros ata setembro, deberá de comunicalo ao Anpa sen falta.

Comezamos este curso cun novo proxecto, o préstamo de libros de lectura.
Necesitamos as vosas donacións. Os libros de anos anteriores que xa non vaiades a utilizar servirán para ir facendo un fondo de libros que estará a disposición de quen o necesite.
Podedes entregar estes libros no local da ANPA os luns entre as 16:15 e as 18:00 horas.
Para o bo funcionamento deste servizo é necesario cumprir as normas seguintes:
O éxito deste proxecto depende de todos e todos nos podemos beneficiar. Dona os teus libros.
A Xunta directiva

O pasado martes día 20 de setembro foi a data na que se repartiron os libros dispoñibles do banco de libros da ANPA.
Houbo reservas que non foron recollidas ese día e non temos avisos dos alumnos conforme ainda necesitan estes libros, polo que os poñemos de novo a disposición de quen os necesite.
Entregaranse por rigurosa orde de solicitude no horario da ANPA os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Adxuntamos a listaxe dos libros e agradecemos a colaboración de todos os que participades neste intercambio.
A Xunta directiva