ANPA

Asociación de nais e pais de alumnos

Teléfono de contacto : 881 880858

Atención ao público: luns de 16:30 a 17:45 horas (sempre que haxa dispoñibilidade)

Tódala  información actualizada das novas relativas a nós sairá publicada na páxina  web do centro no apartado de Categoría  Anpa que tedes na columna da dereita.

Para calquera suxestión, poden utilizar a caixa do correo da anpa, situado na entrada do instituto ou contactar connosco no enderezo electrónico : anpaneiravilas@gmail.com

Alta de socios

Aquelas persoas que desexen facerse socios desta asociación deberán de cubrir a ficha que se xunta (unha ficha por alumno) e aboar a cantidade de 20 euros por familia polo primeiro fillo. A partir do segundo fillo pagarase 5 € por cada un.

Nº conta ABANCA: ES53 2080 0053773040060188

TITULAR:  ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS

Documento para darse de alta na anpa: Alta socio

(Actualización: 05/07/2019)

Intercambio de libros de textointercambio-libros

Decálogo do intercambio

1.- O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e formarán parte todas as familias que doen os seus libros.

2.- Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero non garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros. Ser socio ou socia da ANPA favorecerá no reparto.

3.- A final de curso recolleranse os libros prestados e as solicitudes para o curso seguinte, e no mes de setembro farase o reparto e a entrega física. Os alumnos que teñan materias para recuperación en setembro entregarán os libros das materias aprobadas en xuño e os libros das que quedan para setembro despois dos exames de setembro, antes de proceder ao reparto. As datas de recollida e entrega física publicaranse previamente na páxina web do centro no apartado da ANPA (novas) na seguinte ligazón: https://iesneiravilas.es/category/anpa/

4.- O alumno que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa a nai, o pai ou o titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.

5.- Cando o alumno precise quedarse con algún libro ata a convocatoria do mes de setembro deberán de comunicarllo á ANPA. Farao persoalmente, ou no seu defecto os seus pais ou o seu titor legal, nas oficinas da ANPA a final de curso, cando devolva os libros que xa non precisa.

6.- Ningún alumno poderá prestar ningún libro do fondo nin a outro alumno, nin a outro membro da súa familia. O préstamo e persoal e intransferible. Os libros prestados deberán volver ao fondo da ANPA cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.

7.- O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa ANPA, causará baixa na participación do intercambio.

8.- Os libros deben forrarse, indicarase o nome nunha pegatina na portada exterior, deben coidarse, e non deben pintarse nin con bolígrafo, nin rotulador, nin marcador fluorescente. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.

9.- O alumno que non veña a recoller os libros que lle correspondan nas datas que se indican e non avise a ANPA a través do enderezo electrónico, ou de algún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.

10.- Calquera necesidade extraordinaria que non se axuste as normas descritas anteriormente, deberá solicitarse por escrito e estudarase por separado. Tratará de darselle solución en función dos medios dispoñibles, sen que vaian en detrimento dos demais usuarios.

A xunta directiva

ANPA Arce do IESP Xosé Neira Vilas

anpaneiravilas@gmail.com

Actualización: maio 2018

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)