Segundo está establecido legalmente, cada dous anos procédese a renovación por metades dos Consellos Escolares. Este curso, no noso centro, toca cubrir as seguintes prazas: 3 correspondentes ao profesorado, 2 ás familias e 1 ao alumnado.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por resolución de 19 de setembro de 2014, procedeu a convocar as correspondentes eleccións que no IESP Xosé Neira Vilas celebraranse o día 27 de novembro no seguinte horario: 12.10 h claustro de Profesores; durante toda a xornada escolar, o alumnado; e de 16.15 a 19 h, os pais e nais ou representantes legais do alumnado.
Cerrado o prazo de presentación de candidaturas, foron proclamados as seguintes:
- Profesorado: José Carlos Vidal López, Isabel López Mariño e José Antonio Rodríguez Amedo.
- Familias: Anxo Xavier García Castro, Lorena Gómez de la Fuente e Roberta Susana Scarcella.
- Alumnado: Marta Castro Patiño, Pepa Mata Varela e Ana María Pirlive.
Cada mesa electoral poñerá a disposición dos electores as correspondentes papeletas e o número máximo de candidatos que se poderán votar en cada sector son: Profesorado, 2; Familias, 1; Alumnado, 1.
Como membro desta comunidade escolar tes unha responsabilidade: O DÍA 27 VEN A VOTAR.