O venres 9 de marzo de 2018, con 3º ESO como escoitantes e espectadores activos, un grupo de entusiastas profesoras e profesores do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas puxeron en práctica a primeira sesión experimental de conversas educativas “NeiraTED” -inspiradas nos monólogos educativos da canle TED-, en torno á temática da paisaxe. Con diversas e complementarias metodoloxías, e durante dúas horas intensas, NeiraTED amosouse como unha transclase, interclase ou multiclase que tratou de rachar cos muros tradicionais existentes nas aulas diarias.
Esta é a primeira parte dun proxecto que terá a súa contrapartida, no terceiro trimestre, na contra-clase TED do alumnado.
Enlace á presentación.
Un comentario en “NeiraTED”