Arquivo da categoría: NeiraTED

Paisaxe e parques naturais

Baixo a dirección de Natalie Honan, auxiliar de conversa de inglés, e coa colaboración das profesoras Esther Díaz e Natalia Val, do departamento de plástica, e Mercedes Dopico do departamento de inglés, os alumnos de 1º ESO participaron no proxecto a paisaxe.
Elixiron un parque natural e buscaron información sobre o mesmo. Despois escribiron unha tarxeta postal imaxinando que o estaban visitando e contaron o que estaban a facer. Por último, debuxaron o parque e destacaron algunas das súas características e as actividades que podían facer alí. O seu traballo pódese ver no corredor do instituto.

A paisaxe e receitas

Baixo a dirección das profesoras Natalia Val, do departamento de plástica, Gloria Pérez, do departamento de inglés, e Natalie Honan, auxiliar de conversa desta lingua, os alumnos de 3º B ESO participaron no proxecto do centro, a paisaxe, coa elaboración duns posters.

Despois de selecionar os países sobre os que ían traballar, elixiron fotos representativas da paisaxe dos mesmos e unha receita dun doce ou comida representativa, que escribiron en inglés. Finalmente, debuxaron unha mostra do prato cociñado e fixeron unha composición con todos eles, que está exposta no corredor do centro.

NeiraTED

NeiraTEDO venres 9 de marzo de 2018, con 3º ESO como escoitantes e espectadores activos, un grupo de entusiastas profesoras e profesores do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas puxeron en práctica a primeira sesión experimental de conversas educativas “NeiraTED” -inspiradas nos monólogos educativos da canle TED-, en torno á temática da paisaxe. Con diversas e complementarias metodoloxías, e durante dúas horas intensas, NeiraTED amosouse como unha transclase, interclase ou multiclase que tratou de rachar cos muros tradicionais existentes nas aulas diarias.

Esta é a primeira parte dun proxecto que terá a súa contrapartida, no terceiro trimestre, na contra-clase TED do alumnado.

Enlace á  presentación.

Vídeo da actividade