Arquivo da categoría: Proxectos de Biblioteca
Aquel neno…
Sumándonos á convocatoria da Fundación Xosé Neira Vilas, que tivo a ben conmemorar o 3 de novembro como o “Día Neira Vilas”, o alumnado do centro participou na lectura de extractos do libro “Aquel neno”. Os destinatarios foron principalmente 1º ESO A e 1º ESO B. A actividade, coordinada polo noso compañeiro Alberto Pombo, contou coa participación e colaboración do equipo da Biblioteca escolar do centro.
Proxectos de Biblioteca
A Biblioteca do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas adianta actividades para o curso 2019-20. Por unha banda, difúndese o calendario dos 20 minutos de lectura diarios -o programa “Hora de ler”; pola outra, invítase a todos os membros da comunidade educativa a elexir o logo do proxecto de Biblioteca deste curso académico, que terá como tema-guía a #Distopía (pódese votar AQUÍ antes do 20 de outubro).
NEIRAVIAXE 2019
Presentamos o vídeo do primeiro NeiraNaukas que se pode visualizar premeNdo sobre a LIGAZÓN ou sobre a imaxe.
O próximo xoves 20 de xuño, como acto de despedida do curso, realizaremos unha nova presentación dentro do proxecto deste curso NeiraViaxe.
ESCRITORES NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Durante os últimos días a biblioteca do Neira Vilas tivo unha intensa actividade literaria, xa que varios autores de recoñecido prestixo dentro la Literatura Galega estiveron compartindo o seu coñecemento co alumnado do noso instituto. Seguir lendo ESCRITORES NA BIBLIOTECA ESCOLAR
LIBROS CRUZADOS
NEIRANAUKAS
O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS
Proxectos sobre As Viaxes
Algúns dos traballos realizados polo alumnado do noso instituto están estes días expostos para toda a Comunidade Educativa.
Actividade fin do primeiro trimestre

Seguidamente relizaranse actividades deportivas e simultaneamente terá lugar a posta en escea dos diferentes proxectos realizados nas aulas sobre o tema escollido para este curso As Viaxes, grandes e pequenas
Semana Neira Vilas
Durante a semana do 26 ao 30 de novembro o noso centro homenaxea ao escritor do cal recibe o nome, coincidindo co cabodano do seu falecemento, o 27 de novembro de 2015. Este é o terceiro ano consecutivo no que o instituto organiza estas actividades en memoria da figura literaria de Xosé Neira Vilas.
Vídeo da Semana Neira Vilas 2018. Realización e producción de Hakaneirafilms
Galería de fotos de Alberto Pombo
A continuación descríbense as actividades organizadas para cada un dos días desta semana.