Admisión de Alumnado

Procedemento e calendario para a reserva e admisión de alumnado no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Información sobre o proceso de admisión na páxina da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

 Aplicación de admisión

1. Normativa:

  • Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación (BOE 108 do 4 de maio) modificada pola Lei Orgánica 8/2013 (LOMCE).
  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, da Consellería de Educación e O.U. (DOG 245 do 26 de Decembro)
  • Orde do 12 de marzo de 2013 da Consellería de Educación e O.U. (DOG nº 53 do 15 de marzo).
  • Orde do 25 de xaneiro do 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).
  • Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2017-2018.

2. Prazo de presentación das solicitudes de admisión de novo alumnado

  • O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.
  • As solicitudes poderán facerse no centro que se solicita en primeiro lugar ( de forma presencial) ou a través da aplicación informática: : http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
  • Lémbrase aos pais, nais ou titores legais que só se pode presentar unha única solicitude de admisión (no centro que se solicita praza en primeiro lugar). O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Tamén deberán renunciar á praza no centro onde teñan reserva automática.
  • A reserva de praza no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas é automática para o noso alumnado, polo que, os que queiran solicitar praza noutro centro deberán:
    • comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión,
    • presentar copia da solicitude neste centro inmediatamente despois de facela noutro.

3. Seguimento e consulta do estado de tramitación das solicitudes

O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado,  utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

4.Calendario de admisión do alumnado para o curso 2017-18

Reserva de praza no centro de orixe: do 1 ao 15 de febreiro.

Publicación de postos escolares: antes do 1 de marzo.

Presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado: do 1 ao 20 de marzo.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión no caso de non haber vacantes suficientes para todas as peticións: ata o 12 de abril.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.

Prazo de reclamación ante o Consello Escolar do centro: 5 días hábiles desde a publicación das listaxes. As reclamacións resolveránse en 5 días hábiles.

Públicación das listexas definitivas: antes do 15 de maio.

Prazo de interposición de recurso de alzada ante o titular da Xefatura Territorial: un mes a partir do día seguinte á publicación.

5. Prazo para formalización da matrícula.

Todos os alumnos deberán formalizar a súa matrícula nos prazos sinalados a continuación. De non facelo así perderán o seu dereito á praza.

  • Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • Prazo extraordinario de matrícula (para os alumnos con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

6. Centro adscrito:

  • CEIP Ramón María del Valle-Inclán

7. Área de influencia do IESP Xosé Neira Vilas

  • Ver mapa

8. Servicios complementarios ofertados

  • Transporte escolar (ver mapa)

9. Postos escolares:

Curso Grupo Postos escolares
1º ESO 2 60
2º ESO 3 60
3º ESO 3 60
4º ESO 2 60
1º BACH 2 66
2º BACH 2 66

Alumnado admitido

Foron ADMITIDOS todos os alumnos que fixeron a solicitude de praza no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas para o curso 2017-2018.