Actividades Extraescolares 2014-2015

actividades extraescolares 2014-2015Co arranque do novo curso, ponse en marcha o proceso de inscrición nas actividades extraescolares que se iniciarán o día 2 de outubro baixo o título OS XOVES, O NEIRA PUNTO DE ENCONTRO.

Impartirase teatro, intercambio de inglés, xadrez, danza, robótica, técnicas de estudo e ciencia divertida. Todas as actividades realízanse os xoves pola tarde e o prazo de inscrición remata o día 26 de setembro.
Máis información

Certificados DELF

Logo DELFlogoDELF_2Un ano máis o alumnado do IESP Xosé Neira Vilas obtén excelentes resultados nos exámes de Francés convocados no mes de xunio polo Ministerio de Educación de Francia.

Os 34 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (15 alumnos) e B2 (7alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa mais sincera noraboa!

 

BACHIBAC – Curso 2014-2015

logo_bachibacA partir de setembro 2014, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro Plurilingüe en francés en Galicia, será tamén o primeiro centro de toda a Comunidade en ofertar o programa binacional Bachibac.

O Bachibac é unha dobre certificación de fin de estudos secundarios. Permite obter ao mesmo tempo o baccalauréat francés e o bacharelato español.

Pódense consultar certas ligazóns informativas, de partida, para as materias de Ciencias do Mundo Contemporáneo e Historia de España e Francia, nesta ligazón.

Mais Información…