Inmersión lingüística nos Peares

peares_3 Durante o mes de novembro o alumnado de terceiro curso da ESO do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha semana no lugar de Os Peares nun campamento lúdico e participativo co obxectivo de mellorar o nivel de inglés.

A actividade foi enormemente proveitosa xa que “foi posible pasalo ben e aprender á vez”. Transcurríu  unha semana no campamento en réxime de internado con monitores nativos de Australia e Reino Unido,

Polas mañás as actividades eran de medio ambiente, con talleres de reciclaxe ou charlas sobre animais en extinción, despois xogos. Pasado o xantar, e despois dun tempiño de lecer, a preparación da presentación oral dun tema para expoñer en público. Pola noite, despois da cea e das duchas, eran as  actividades lúdicas con discoteca, karaoke, ou xogos da “noite misteriosa” ou “busca do tesouro”.

Considera o alumnado unha experiencia inesquecible na que se fixeron amigos e perfeccionaron a fluidez na fala do inglés. Destacan tamén a profesionalidade dos  monitores e a rapidez coa que pasou o tempo. A todos lles gustaría repetir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *