مريم السبع الأستاذة المساعدة الجديدة للغة الفرنسية
O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro en Galicia con Sección Plurilingüe en Francés e tamén o único a ofertar o BACHIBAC de Galicia, ten o privilexio de acoller a Auxiliares de Conversa dende hai varios anos e o alumnado de francés de poder aproveitar para mellorar a súa competencia lingüística e ao mesmo tempo coñecer a través deles culturas de diferentes nacionais que lles servirán para o seu desenvolvemento persoal.
Este ano contamos con Meryem Sbaa de nacionalidade marroquí e natural de Sidi Slimane onde fixo o seu Bacharelato na opción Letras Modernas , sendo a primeira da súa promoción.
Estudou na Universidade de Kenitra onde fixo dous anos de Dereito Privado en francés, pero a súa paixón pola literatura dende que era pequena fíxolle cambiar de rumbo para facer os seus estudos en literatura francesa; en 2017 obtivo a súa Licenciatura en Estudos Franceses na especialidade de lingüística.
No seu tempo libre adícase á lectura e á música.
Como Auxiliar de Conversa pretende motivar ao alumnado do noso Centro no coñecemento da lingua francesa e da cultura dos países francófonos e ao mesmo tempo poder adquirir experiencia para o seu futuro traballo en Marrocos.
Meryem benvida a Galicia ! Meryem bienvenue en Galice!
مريم مرحبا بك في كاليسيا