Aprendendo a mediar

Organizado polo Equipo de Convivencia e Mediación celebrouse o obradoiro “APRENDENDO A MEDIAR”, dirixido á alumnos que xa tiñan recibido formación sobre o tema en cursos anteriores. A súa duración foi de 12 horas e rematou a pasada semana.

Traballáronse as técnicas de mediación, partindo de supostos prácticos que eles mesmos plantexaron e que viven en primeira persoa nas aulas. Esta cuestión é de relevancia, porque axuda a tomar conciencia de que os conflitos forman parte das nosas vidas diarias e ante eles debemos de adoptar un enfoque restaurativo, que axuda a restablecer as relacións que estaban deterioradas. Tamén axuda a crear sentimento de grupo, entre os alumnos que asistiron, chegando a facer propostas, sumamente interesantes para facer máis visible a mediación na vida do centro, se ben é certo, que a mediación como ferramenta de resolución pacífica, leva xa varios anos implantada no Instituto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *