Xornada de convivencia dos mediadores

O pasado venres, 27 de Outubro, un grupo de mediadores e varios profesores fixemos unha ruta entre Baldaio e Caión. Esta xuntanza é sumamente importante, para lograr un sentimento de unidade e cohesión grupal. Reforza os sentimentos de seguridade e pertenza a un grupo, cun papel relevante na mellora da convivencia escolar. É unha ocasión para reforzar as relacións baseadas no respeto mutuo, tolerancia e igualdade. Tamén e un xeito de expresar a nosa gratitude ós noso alumnos mediadores que participan activamente na resolución de procesos de mediación, e como consecuencia, no establecemento dun mellor clima no noso centro.

Deixar unha resposta