Entroido 2018

O venres 9 de febreiro tivo lugar o festival de Entroido que todos os anos se vén celebrando no centro. O alumnado de 1º de Bacharelato encargouse de presentar o acto onde se recitaron os “testamentos”, os textos satíricos que as rapazas e rapaces do instituto realizan para comentar os acontecementos peculiares do curso escolar. Para alén, guiaron o concurso de disfraces. A gañadora do primeiro premio na categoría de disfrace individual foi para Marina Rodríguez Koen, mentres que Alberto Pérez Vishneuskiy levou o segundo. Na categoría de disfraces de grupo, o primeiro premio recaeu nas alumnas Paula Fernández Carrón, Sofía Álvarez Fernández, Sabela Martínez Navarro e Elena Torres Martínez. O segundo premio foi para Diego Boquete Pereiro e Luca Gándara Martínez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *