
O pasado mércores 1 de Febreiro os alumnos de 1º BAC de Bioloxía e CUCI asistiron a un obradoiro de investigación do VIH no Laboratorio aberto da Domus onde seguiron o protocolo para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus e axudar ás persoas infectadas. Analizaron as diferentes variantes do VIH e investigaron se unha candidata real á vacina, podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes, utilizando a técnica de electroforese.