Para celebrar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua expón no corredor do centro a escolma poética Sentimentos de cor. Os texos foron escritos polo alumnado de 2º A. Cada poeta tiña asignado un sentimento que debía relacionar cunha cor. Na súa composición debía integrar unha hipérbole, unha personificación, unha metáfora e unha comparación. Velaquí o resultado que amosa como as emocións se poden pintar, porque temos Sentimentos de cor. Animádesvos a detectar as figuras literarias?
O ENTUSIASMO
Co entusiasmo,
Co que non che dan espasmos.
Co entusiasmo prende
o lume dos teus ollos.
De cor vermella e amarela,
ilumínache por dentro coma a unha lámpada,
resplandeces co entusiasmo que che dá forzas
que co amarelo vai collido da man.
Un home ao entusiasmo pegado
cumpriu o seu soño sen espasmos
grazas ao entusiasmo
e así quedou feliz.
Oliver Pena Chao
A TRISTEZA
A tristeza cobre un mundo
dos sentimentos máis profundos.
A tristeza nos seus luceiros
da cor gris dos cabaleiros
As bágoas dos seus ollos
enchen un mar de tristuras,
nun universo sen tenruras
e cun baúl de sollozos.
A tristeza fala
dos pensamentos afastados
nos que todos pensamos
como se fósemos almas.
Inés Roca López
ODIO/NEGRO
Odio,odio,odio,
odio cando o sol dorme,
odio cando o ceo esta escuro
odio cando vai frío.
A lúa coma unha farola,
ilumina a rúa.
A lúa era a máis grande
que vin na miña vida.
O chapapote da noite,
tapa a miña alegría.
Sara López Vázquez.
Prepotencia
A prepotencia indicada
coa cor violeta,
esta abandonada
coma estar acatarrada.
A cor espertou
ao estar abandonada,
mirando os seus luceiros
con forza desesperada.
Zaira Campelo 2ºA
A ira
A ira é miña amiga,
aínda que tamén a miña enemiga.
Ela é moi rara.
ela moito se enfada.
Comparado co enfado
a ira é un rato.
Os ollos da ira son como rubís
pero a súa personalidade é a dun xabaril.
A ira é vermella,
ela é moi vella.
A ira é rarísima,
a ira esta tolísima.
Xaime Rey Domínguez
EUFORIA
Euforia no entusiasmo
euforia na felicidade
síntome súper eufórico
eufórico de felicidade
Eufórico de adrenalina
por estar nunha guerra
guerra que eufórico me pon
durante 365 longos días
Guerra por todos os anos
espertarme e ir a clase
euforia cando é venres
e estrésome en “sociais”
Álvaro Núñez Morgade
ENFADO AMARELO
As súas perlas relucían
mentres o día escurecía,
o sol respiraba
mentres el se aclaraba.
Os seus luceiros
brillaban coma os faros en Oleiros.
Eran tan amarelas
que me levaron a enfadalas.
Nuno Aymerich Barredo de Valenzuela
A AMBICIÓN
A ambición
iso que uns teñen
e outros non.
A ambición hai que tela
para poder conseguir todo o que queiras.
A verde cor
que brilla como a herba baixo o sol.
A verde cor,
a cor da esperanza,
a cor que nos axuda todos a manter a calma.
A ambición é o mellor que podes ter
porque coa ambición os teus soños podes alcanzalos
non só soñalos
como a maioría fan.
A verde cor é a natureza
tranquila só cando ela queira.
David Domínguez Miranda
ASOMBRO E SORPRESA
O asombro
camiña polo meu ombro
no espazo sideral
créndose algo especial.
Este señor Asombro
vai da mao de Sorpresa
que sempre anda con présa.
A ver se atopan outro ombro!
Esta graciosa parella
anda a buscar unha cor
tan xigante e viva
como a daquela flor.
Flor que estás no banco,
flor que estas alí pescando,
flor que es branca,
e Sorpresa anda buscando a banca!
Asombro, onde estás?!
Eu sei que ti es un paspallás.
Andas sempre de troula,
e logo, búscasme na ouca.
Na ouca non estou.
Sempre buscas ao chou!
Mira pra riba, oh!
Son a luz da tormenta!
Como xa vexo que non dás,
na cor do lostrego me atoparás.
Si, non me mires así.
Son o azul eléctrico que anda tras de ti!
Tes o miolo de mosquito.
Mira que non dar comigo!
Os teus brancos luceiros, escangallados,
coma o meu sacabocados.
Remata a aventura de Asombro e Sorpresa,
Buscaban as súas amigas, azul e branca,
que tombadas están nunha praia de Bianca.
Ouca=alga
Bianca/UranusVIII=satélite de natural de Urano.
Rita Ardao
ANGUSTIA
Angustia. Branco
No branco papel hei recitar
o doce poema que has de escoitar.
Angustia.
Non gardes en botellas
o que non se te asemella.
Angustia.
Angustia, deixáchesme mal,
vai para non ferir máis,
desaparece do meu corazón
aínda que a ti xa está pegado.
Angustia.
Gardaches no faiado a alegría
xunto co medo e a valentía.
Angustia.
Encerráchesme nun branco cuarto
no que te sinto a cada rato
Sácame de aquí por favor,
pídocho con moita pavor.
Angustia.
Eu coma rato
e ti, coma gato;
perséguesme cando menos me aparto.
Angustia.
As miñas perlas vanse desgastando
cánsome de fuxir por alguén
que o meu tempo está gastando.
Angustia.
Borbála Lenze Álvarez
Vermello cor do amor
Vermello cor do amor,
vermello cor da dor,
vermello como un verme,
verme que non para de medrar.
As cores indícano todo,
como tamén os amorodos,
pero o amor non é como a dor,
mais teñen relación.
As persoas que teñen sangue frío,
que tamén perderon a súa vida.
Por iso canto esta canción,
aínda que o poema sexa, esa é a cuestión.
Xa que o amor non para de medrar
Hugo González González
ESCURIDADE
Agora estamos ben
e logo estamos mal
todo está escuro
non se ve na´
Todo escuridade
todo é negro
todo está escuro
non se ve na´
Vén a claridade
pero todo é escuridade
todo está escuro
non se ve na´
Toda a escuridade
parece o inferno,
no hai claridade
todo está morto
Todo está escuro
non se ve na´
FIN
Javi Queiruga
Mazá verde
Verde como unha mazá
coma a que eu che entrego
vida das ramas coma brazos
da miña maceira
O seu brillo deslumbra
desde aqué ata a illa de Madeira.
A mazá é moi grande
aínda que a dalgunha xente sexa farsante
A mazá é moi grande
aínda que a de outros sexa de verdade.
O verde puro da mazá
vai desvanecéndose rapidísimo,
pálida será a cor da súa pel,
nin todo o rímel o arranxará
o que nos espera deste
mundo que algún día se acabará
E o corazón da mazá dentro de
pouco podrecerá
Iker Naveira López
MOVEMENTO LARANXA
De entusiasmo eu morro,
Un entusiasmo laranxa.
Laranxa coma os sinais de socorro.
Un movemento laranxa.
De entusiasmo está cheo o meu corpo,
Un entusiasmo laranxa.
Laranxa coma o meu gorro.
Un movemento laranxa.
Co meu gorro posto
Eu cruzo a franxa.
Unha franxa laranxa.
Meu movemento laranxa.
De tanto entusiasmo
Eu teño un trastorno.
Un trastorno laranxa.
Tan laranxa coma Mercurio,
Un universo laranxa,
Brilla dunha cor tan intensa
Que se tapa os ollos.
Un brillo laranxa.
Un movemento laranxa.
Efrén Nieto Conchado