Arquivo da categoría: Novedades

Artigos referidos a noticias breves de actualidade do centro que aparecen durante un certo tempo na páxina de incio.

Consellería de Educación: A saúde é unha cuestión de familia

CONFAPA GALICIA solicita a túa sinatura de apoio para esixir á  Xunta de Galicia que as familias estean representadas na revisión do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 na Mesa Sectorial creada pola Consellería de Educación.

Consideramos  que as familias teñen un papel básico na educación para  a saúde e na prevención da COVID19 e son en última instancia as que sofren as consecuencias dunha mala planificación que podería provocar infeccións entre os nosos fillos.

Estamos a tentar conseguir sinaturas e necesitamos todo o apoio que sexa posible. Podes ler máis e asinar a petición aquí:
Enlace

Xornadas de acollida de novo alumnado

Como xa ven sendo costume no noso centro, o venres 8 de xullo organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto.
Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR.
É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar.
Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor.

Roteiro cultural

Os días 5 e 6 de xuño tivo lugar o Roteiro cultural que organiza o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores. Este ano participou, ademais de alumnado doutros centros do concello, as rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Neira Vilas, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Departamento de Plástica. Seguir lendo Roteiro cultural

Gap Year: Os camiños que non tomaches.

Nestes momentos nos que o noso alumnado de 2º de Bacharelato vai ter que tomar importantes decisión en relación o seu futuro, aproveitamos para recordar a toda a comunidade educativa que os camiños que se lles abren son moitos e moi diversos.
Neste mesmo curso tivemos a sorte de contar ca colaboración do noso ex-alumno Antón Blanco Rey, que nos veu visitar para contarnos a súa experiencia de Gap Year. Seguir lendo Gap Year: Os camiños que non tomaches.

Homenaxe a Nacho Taibo

Os días 24 e 25 de maio tiveron lugar as xornadas dedicadas a Nacho Taibo. O venres 25, despois das dúas mesas nas que se falou do seu labor docente, o homenaxeado xunto cos compañeiros e parte do alumnado acudiu á aula 23 para descubrir os vinilos conmemorativos que recollían parte da súa obra e biografía, con motivo da dedicatoria na súa honra da aula na que se imparten actualmente as clases de Lingua e Literatura Galega.

A noticia dos actos foi recollida polo xornal “La Opinión”. Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo

Paisaxe e parques naturais

Baixo a dirección de Natalie Honan, auxiliar de conversa de inglés, e coa colaboración das profesoras Esther Díaz e Natalia Val, do departamento de plástica, e Mercedes Dopico do departamento de inglés, os alumnos de 1º ESO participaron no proxecto a paisaxe.
Elixiron un parque natural e buscaron información sobre o mesmo. Despois escribiron unha tarxeta postal imaxinando que o estaban visitando e contaron o que estaban a facer. Por último, debuxaron o parque e destacaron algunas das súas características e as actividades que podían facer alí. O seu traballo pódese ver no corredor do instituto.

 

A paisaxe e receitas

Baixo a dirección das profesoras Natalia Val, do departamento de plástica, Gloria Pérez, do departamento de inglés, e Natalie Honan, auxiliar de conversa desta lingua, os alumnos de 3º B ESO participaron no proxecto do centro, a paisaxe, coa elaboración duns posters.

Despois de selecionar os países sobre os que ían traballar, elixiron fotos representativas da paisaxe dos mesmos e unha receita dun doce ou comida representativa, que escribiron en inglés. Finalmente, debuxaron unha mostra do prato cociñado e fixeron unha composición con todos eles, que está exposta no corredor do centro.

Homenaxe a Nacho Taibo

Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa: Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo

Gañadores do “Desafío Cambio Climático”, Galiciencia 2018

Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.

Dende aquí queremos felicitar a todo o alumnado do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencias STEM participante en dito desafío, moi especialmente ós gañadores, pola súa orixinalidade nos materiais elaborados e o seu gran traballo en equipo. Un agradecemento tamén especial merece o noso compañeiro “Xosea”, peza fundamental para acadar este éxito.