O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM visitará este venres 11 de maio a feira de investigación científica “Galiciencia 2018”, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. En dito evento o alumnado asistirá e participará en diferentes conferencias e talleres relacionados co cambio climático, tema ó que se dedica esta edición de Galiciencia.
Aproveitamos a ocasión para felicitar ó grupo “Chouchous III”, tutelado por Xoséa e formado polos alumnos de 4º de ESO: Lucas Canle, Eduardo Xavier Bargiela e Danick Ramos pola súa clasificación para a final do “Desafío Cambio Climático” de Galiciencia. Dita final terá lugar no transcurso desta visita á feira e os retos que terán que superar os rapaces nela son totalmente descoñecidos para eles, polo que terán que botar man dos seus coñecementos, da súa improvisación e do seu saber facer para obter o mellor dos resultados posibles. Moita sorte!!!