O pasado 12 de decembro celebrouse unha Xornada Bachibac, organizada polo Institut Français de Madrid en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional.
Asistiron 4 alumnas Bachibac do noso centro, acompañadas do profesor Carlos Vidal. En total participaron na Xornada, unhas 300 personas, entre profesorado e alumnado Bachibac de todas as Comunidades Autónomas.
O eixo da Xornada foi sobre a temática da Proba Externa do exame Bachibac para os cursos 2018-19 e 2019-20.
Don Xavier North (Inspector Xeral de Asuntos Culturais) falou sobre a Francofonía.
Dona Marie Fontana (Profesora no Lycée Lamartine de Paris) expuxo o seu punto de vista sobre a obra de Marquerite Duras , Un barrage contre le Pacifique, libro de lectura obrigatoria.
Finalmente o autor do segundo libro de lectura obrigatoria Tahar Ben Jelloun, L’Enfant de Sable, fixo unhas reflexións sobre a súa obra a través tanto das preguntas da súa traductora Malika Embarek e como das realizadas polos asistentes.