Xornada Bachibac en Madrid

Instituto Francés

O pasado 12 de decembro celebrouse unha Xornada Bachibac, organizada polo Institut Français de Madrid en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional.

Asistiron 4 alumnas Bachibac do noso centro, acompañadas do profesor Carlos Vidal. En total participaron na Xornada, unhas 300 personas, entre profesorado e alumnado Bachibac de todas as Comunidades Autónomas.

O eixo da Xornada foi sobre a temática da Proba Externa do exame Bachibac para os cursos 2018-19 e 2019-20.

Don Xavier North (Inspector Xeral de Asuntos Culturais) falou sobre a Francofonía.

Dona Marie Fontana (Profesora no Lycée Lamartine de Paris) expuxo o seu punto de vista sobre a obra de Marquerite Duras , Un barrage contre le Pacifique, libro de lectura obrigatoria.

Finalmente o autor do segundo libro de lectura obrigatoria Tahar Ben Jelloun, L’Enfant de Sable,  fixo unhas reflexións sobre a súa obra a través tanto das preguntas da súa traductora Malika Embarek e como das realizadas polos asistentes.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *