GALICIENCIA 2019

Un grupo de 23 alumnos e alumnas do instituto visitou na mañá do 10 de maio os stands de Galiciencia na Tecnópole de Ourense. Alí coñeceron diversos proxectos científicos levados a cabo en centros de ensino galegos e doutras CCAA, nos que a posta en práctica de aplicacións móbiles para a realización efectiva de deporte de cara a previr enfermidades cardiovasculares, a posta en marcha dun alcoholímetro dixital co obxecto de previr unha condución temeraria ou a erradicación das velutinas a través dun fungo que resulta mortal para elas tiveron acollida especial entre o xurado do certame e entre o noso propio alumnado. Outras moitas experiencias enriqueceron a visita.

Os alumnos Lucas Canle, Eduardo Giménez e Danick Ramos (de 1º Bacharelato) completaron a xeira gañando o certame DESAFÍO GALICIENCIA, coroando a súa participación mediante vídeos sobre a temática “saúde e bos hábitos” coa vitoria final no xogo definitivo, competindo contra outros dous equipos do resto de Galicia. Noraboa polo seu éxito, que é o de toda a comunidade educativa.

Un dos vídeos presentados ao citado DESAFÍO GALICIENCIA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *