GRADUACIÓN 2º BACHARELATO 2018/2019

O xoves 16 de maio celebrouse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a graduación do alumnado de segundo de bacharelato. Despedimos neste acto a unha promoción de estudantes que rematan a súa escolaridade no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas formados como persoas responsables e críticas, preparados para a nova etapa que comenzan.

Compartimos este momentos unha ampla representación do alumnado, as familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Educación.  A xornada, presentada polos estudantes Sarai Muiños Blanco e Daniel Torres Gómez, desenvolveuse nun ambiente de celebración, con discursos por parte do director (Agustín Fernández Gago),  do representante das familias (Nacho Valeiras Docampo) e do profesorado (Jorge Calle López e Laura Fernández Villarino); incluíndo tamén os ocurrentes premios do alumnado e o vídeo elaborado con motivo desta ocasión.

Dende o instituto,  que sempre será a vosa casa, desexámosvos grandes logros e que se cumpra todo aquelo polo que estedes dispostos a loitar.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *