APROBACIÓN DO IMPORTE FINAL DA SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

A ANPA IESP Xosé Neira Vilas agradécelle ao Concello de Oleiros a concesión da subvención solicitada en 2018 e que servirá para que as actividades extraescolares do noso centro se poidan desenvolver o curso que ven a un prezo razoable.

Rematado o prazo de exame das xustificacións que achegamos, acaban de notificarnos que recibiremos finalmente unha subvención por importe de 1.153,60 € (mil cento cincuenta e tres euros con sesenta céntimos).
Para ver a notificación recibida do concello, preme na seguinte ligazón IMPORTE FINAL SUBVENCIÓN 2018 ANPA ARCE.

Deixar unha resposta