CONCERTO FIN DE CURSO

O pasado venres día 14 de xuño celebrouse o Concerto Fin de Curso do noso instituto. Participou todo o alumnado de 2º e 3º ESO, xunto con aqueles de  4º ESO que cursaron Música como materia optativa.

Interpretaron un total de catorce pezas musicais de diferentes estilos e épocas, que forman parte do repertorio traballado na clase ao longo deste curso. Cabe destacar o entusiasmo do alumnado participante, que amosou a súa capacidade de organización, sendo capaces de xestionar sobre o escenario grupos de 30 persoas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *