Desexamos a toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas unhas felices vacacións.
Todo o noso apoio a aqueles estudantes que remataron a súa formación no noso centro polo que comezarán unha nova etapa noutro centro educativo, universidade ou ben se incorporarán ao mercado laboral.
Para os que seguirán formándose no instituto, a actividade lectiva do curso 2019/2020 comezará o día 16 de setembro, con enerxías renovadas e a mesma ilusión que sempre nos caracteriza.