Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.
O enterro será mañá venres ás 16h no Cemiterio de Catabois (Ferrol) e o funeral ás 17h na Concatedral de San Xulián.
Dous autobuses para o alumnado partirán dende o instituto (aparcamento da piscina de Perillo) ás 14:45h, con regreso ao remate dos actos funerarios.
O venres 21 de xuño suspéndese toda a actividade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas en sinal de loito.
Boas, son nai de dous alumnos do centro. Hoxe enterámonos de esta triste noticia.. Miña filla en Dublín e meu fillo no propio instituto. O meu mais sentido pésame polo falecemento de Juan. DEP.