Arquivo da categoría: Sen categorizar

“UN DÍA EN GALICIA” CON 4º ESO

O pase de diapositivas require JavaScript.

Esta semana o Departamento de Xeografía e Historia comezou, un curso máis, a serie de excursións que leva a cabo para todos os niveis da ESO grazas á colaboración co Concello de Oleiros e ao seu programa “Un día en Galicia”.
Desta volta inaugurouse a actividade co alumnado de 4º ESO que visitou a cidade de Pontevedra os días 10 e 11 de xaneiro. Alí percorreron o seu casco vello, achegándoses á beleza do seu patrimonio e ao coñecemento do seu modelo urbanístico actual, internacionalmente recoñecido en moitas ocasións. Tamén visitaron o Museo Provincial de Pontevedra, onde descubriron algunhas das marabillas que custodia, dende o tesouro prehistórico de Caldas de Reis ata a obra do polifacético Castelao. Pola tarde, camiñaron polos xardíns do Pazo de Lourizán, antiga residencia de Montero Ríos e hoxe convertido nun parque botánico singular con máis de 800 especies vexetais diferentes!

Juan Santamaría

Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.

O enterro será mañá venres ás 16h no Cemiterio de Catabois (Ferrol) e o funeral ás 17h na Concatedral de San Xulián.

Dous autobuses para o alumnado partirán dende o instituto (aparcamento da piscina de Perillo) ás 14:45h, con regreso ao remate dos actos funerarios.

O venres 21 de xuño suspéndese toda a actividade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas en sinal de loito.

Actividade fin do primeiro trimestre

O venres día 21 de decembro teremos unha xornada diferente para despedir o primeiro trimestre deste curso. Inicialmente o alumnado da ESO participará na Xincana Neiraviaxe, con actividades organizadas polos diferentes departamentos e supervisadas polo alumnado de 1º de bacharelato.

Seguidamente relizaranse actividades deportivas e simultaneamente terá lugar a posta en escea dos diferentes proxectos realizados nas aulas sobre o tema escollido para este curso  As Viaxes, grandes e pequenas