OS CAMIÑOS QUE NON TOMACHES

O pasado día 27 de maio  o exalumno do noso instituto Antón Blanco Rey, compartiu co alumnado de 1º de bacharelato a súa experiencia de Gap Year. Este termo inglés refírese a un período, xeralmente dun ano entre a finalización de los estudos de bacharelato e o comezo na universidade, no que o estudante realiza unha aprendizaxe a través dunha experiencia intercultural, que implica un importante proceso de reflexión. Esta experiencia está bastante xeralizada nalgúns países anglosaxóns, pero é menos frecuente entre os nosos estudantes.

Amosamos así ao noso alumnado unha opción máis dentro da ampla oferta educativa, posto que consideramos que a información é a mellor garantía para acertar ao escoller un camiño ao remate desta etapa educativa.

Antón Blanco Rey expuxo a súa experiencia a través da presentación que podedes consultar na seguinte ligazón

Deixar unha resposta