Como xa vén sendo costume no noso instituto dende hai moitos anos, este venres, 30 de maio, levouse a cabo unha xornada de acollida do alumnado de 6º EP do noso centro adscrito, o CEIP Ramón-María del Valle-Inclán, co obxectivo de facilitar o tránsito de Primaria a Secundaria e de que o futuro alumnado de 1º ESO no curso que vén coñeza o centro. Esta xornada foi organizada polo Equipo de Medición do centro de maneira que o alumnado mediador guiou a visita do novo alumnado repartido en grupos mostrando tódalas estancias e posibilidades do noso instituto.
Esta iniciativa completarase o luns, 2 de xuño, cunha reunión dirixida ás familias deste alumnado e que terá lugar ás 18:00 h. no Salón de actos do centro coa intención de dar a coñecer o funcionamento e características do instituto e resolver as eventuais dúbidas que puideran xurdir ante a nova etapa educativa que comezará a rapazada que empeza a Secundaria o curso que vén.
