O pasado 2 de xullo a nosa alumna Olivia Rey fíxose coa medalla de ouro na categoría cadete feminina do Campionato de España de Patinaxe Libre.
Parabéns campioa!!!
Imaxe tomada da páxina web da Real Federación Española de Patinaje.
O pasado 2 de xullo a nosa alumna Olivia Rey fíxose coa medalla de ouro na categoría cadete feminina do Campionato de España de Patinaxe Libre.
Parabéns campioa!!!
Imaxe tomada da páxina web da Real Federación Española de Patinaje.
O pasado 28 de xuño celebrouse en Castrelo do Miño o Campionato Galego de reamo olímpico-Copa Xunta de Galicia. As nosas alumnas Noa Benítez Brea e Daniela Méndez Valeiro acadaron medalla de bronce na categoría infantil. Parabéns!!!!
Imaxe tomada do Instagram do Concello de Oleiros.
Do 7 ao 15 de xuño celebrouse a Final da Copa do Mundo de Patinaxe artística na cidade italiana de Reggio Emilia. Alí a patinadora xuvenil do CPA Maxia e alumna do noso centro, Olivia Rey, demostrou as súas excelentes cualidades deportivas e obtivo a medalla de prata. Noraboa, Olivia!
Imaxe tomada do perfil do Concello de Oleiros na rede X.
O alumnado de terceiro da ESO puxo o ramo a esta celebración do Día das Letras Galegas cunha xornada de xogos populares e cunha actuación das Cantaneiras.
Así, na pista leváronse a cabo unha serie de retos cos que nos divertimos ben, mentres que na parte superior se desenvolvía o concurso de recitado. Nin que dicir ten que estivo do máis axustado e que o xurado o tivo moi complicado, pero, ao final, fixéronse co trunfo Alex García e Martín Borrazás de 3º ESO C
Pechamos o Día das Letras Galegas cunha marabillosa recolla e interpretación das Cantaneiras que se nos fixo super breve e quedamos con ganas de máis!